12 de Xullo de 2015 Festa Homenaxe ao Maior 2015

12.07.2015 12:00

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “OS MEDOS”

CURRÁS – TOMIÑO

 

XI FESTA HOMENAXE AO MAIOR

DOMINGO 12 DE XULLO DO 2015

 

 

PROGRAMA:

 

12:15h. Misa.

13:00h. Procesión da Virxe do Rosario.

13:15h. Actuación do grupo de gaitas de Pinzás.

14:15h. Xantar ao aire libre.

16:30h. Bingo social.

17:30h. Actuación musical e baile.

 

Os maiores de 65 anos da parroquia de Currás, serán convidados á comida.

 

Haberá pulpo, carne ao caldeiro e empanada a prezos populares. Os asistentes que queiran carne ao caldeiro teñen que facer a reserva antes do día 7 de xullo no teléfono 648 122 011.

 

A participación está aberta a tódalas persoas que o desexen, serán benvidos tanto veciños da parroquia coma de fóra dela.

 

A Asociación de veciños “Os Medos” de Currás non se fai responsable das incidencias que poidan acaecer neste evento.

 

Organiza:

Colabora: