A parroquia de Currás

      Currás é unha parroquia que pertence ao Concello de Tomiño con aproximadamente uns 500 habitantes e sita a 5 km da cidade de tui e a 20km de A Guarda. Está formada polos barrios de  “Barral”, “Cruceiro” , “Estrada” , “Monte” e “Tapel”.

     Atravésaa a estrada N-552, antes N-550, e limita coas parroquias de Amorín, Sobrada e Piñeiro. Por ela pasan os ríos Miño (facendo fronteira con Portugal) e Furnia (que a separa de Piñeiro). Currás destaca polas fermosas  paisaxes naturais que se atopan ás beiras dos ríos, así coma por varias fontes naturais que continúan a manar auga pura e cristalina dende tempos moi antigos.

     Outro aspecto a destacar é a ampla zona deportiva con parques biosaudable e infantil sitos frente a igrexa parroquial. Esta igrexa parroquial data do século XVII e o seu patrón é San Martiño.

Historia e toponimia de Currás

  • Toponimia:

    Hoxendía este pobo é coñecido co nome de Currás, un nome froito dunha serie de derivacións coma "Currales" o "Curraes", pero antes diso de chegar ata ahí, Currás coñecíase como “San Martiño de Gándara”.

    Esta denominación xa se atopa nun documento notarial de 1431 o cal di "... e o Casal de Pedrosas que jaz en Currás, frigesia de San Martín de Gándara".

    Noutro documento recollido no arquivo diocesano, menciónase “el coto de Currás en dentro de la parroquia de san Martiño da Gándara", o que nos ven a indicar unha posible xurisdicción señorial ubicada na parroquia e que co traslado da igrexa de San Martín da Gándara a dito coto, o de Currás, adquirise ese novo topónimo. Pode que fose para evitar confundir esta “Gándara” coa de Sobrada.

    O 18 de abril de 1482, o obispo de tui Fray Diego de Muros, une á mesa capitular do cabildo da catedral a metade da igrexa de San Martiño da Gándara. Posiblemente arrededor desta data fora o traslado da igrexa antiga, situada nas inmediacións de Medos, no lugar coñecido coma “Bouzas” no Barrio do Monte, ao emplazamento actual (no Barrio do Cruceiro). Dende o 1540 e durante moito tempo, Currás pertenceu eclesiásticamente a San salvador de Tebra. Hoxendía é totalmente independente.

   Tralo traslado da igrexa e ata o ano 1622 utilízanse simultáneamente os nombres de "San Martín da Gándara" y de "Currás". A partires de dito ano pasarase a utilizar únicamente o segundo, quedando coma "San Martin de Currás".

    Hai outro "documento" histórico de grande importancia na parroquia que consiste nun cáliz de prata cunha inscrición de 1573 na que consta que Dona Juana de Austria, Princesa de Portugal e Infanta de Castela regala o mencionado cáliz a “San Martiño de Currás”.

  • A historia de Os Medos

    No 1972 leváronse a cabo unhas excavacións arqueolóxicas no lugar coñecido como “MEDOS” situado no Barrio do Monte, que tiveron como froito interesantes descubrimentos. Ditas excavacións foron feitas baixo a dirección de D.Manuel Fernández Rodríguez, Catedrático do Instituto “Arzobispo Xelmírez” de Santiago de Compostela, coa colaboración directa do Equipo Arqueolóxico do Baixo miño e de algúns veciños da parroquia.

    Na cima do monte de Medos descubriron unha villa romana tardía datada segundo os expertos no século IV d. C. e unha necrópole de tipo xermánico (suevo - visigótico) datada no século VI d. C.

    O primeiro que se atopou foi a necrópole e crese que se trata dunha necrópole de grandes dimensións. As tumbas están feitas con ringleiras de pedras, algunhas de forma rectangular e nalgúns caso incluso evocando a forma do corpo humano. Entre os numerosos restos atopados están unha fibela de procedencia visigótica, cerámica castrexa, etc.

    Una vez atopado isto, os arqueólogos continuaron excavando en busca da primitiva igrexa de Currás, pero no canto da igrexa, atoparon parte dunha edificación romana de grandes habitáculos, a cimentación e uns centímetros de muro sobre ela. Podíanse ver restos dun “hipocausto” romano (sistema de calefacción do imperio romano) polo que se pode pensar en que unha das estancias se usase coma “caldarium” (habitación para baños de auga quente).

    Tamén se atoparon restos de cerámica castrexa, vidro fino, un trozo de muíño romano, tégulas con signos varios, etc.

    Segundo os expertos tratábase dun poblado ata entonces descoñecido, cristianizado (por non tener ajuar las tumbas) e que só envolvían os cuerpos nun sudario ou mortalla. Non se atopou a antiga igrexa, pero crese que a partires do século IV, os cadáveres se soterraban dentro dela e que así foi ata que se trasladou ao emprazamento actual.

    Trala prospección do 1972 en OS MEDOS e tralo inventariado e catalogación de todo o atopado, procedeuse a cubrir de novo con terra os restos á espera dunha investigación futura máis exhaustiva e que saque á luz tódalas xoias que a terra e maleza ocultan.

    No ano 2013 leváronse a cabo unha serie de prospeccións arqueolóxicas coa finalidade de ver e valorar o qeu baixo a terra se conserva. Unha vez rematadas volveuse tapar coa mesma idea que no ano 1972, que nun futuro se poida desenterrar, muselizar e conservar.

 

Para más información acerca do xacemento de Os Medos:

www.vilaromanadecurras.webnode.es

juanramonrosal.blogspot.com.es/2013/07/visita-as-excavacions-arqueoloxicas-da.html

juanramonrosal.blogspot.com.es/2013/11/exposicion-do-xacemento-arqueoloxico.html