O noso obxetivo é ofrecer diferentes actividades de lecer e culturais para poder desfrutar cos veciños/as xa non só da parroquia de Currás senón de fóra dela:

  • "Festa homenaxe ao maior", con comida conxunta, xogos populares e actuacións musicais.
  • Cursos. Como por exemplo de   "Informática e Internet"   ou de "Técnicas de Poda".
  • "Día da bicicleta" . Paseo ciclista por diferentes parroquias na que contamos cun grande número de participantes, pequenos e maiores.
  • "Encontro Cultural - Serán". Festival musical que xunta aos diferentes grupos de música tradicional da zona.
  • Xuntanza no río". Celébrase na beira do río Miño e consiste nunha comida de fraternización con xogos populares como: a rá, a chave, as cartas, a corda, o pano, etc.
  • "Festa na honra de San Martiño". Colabórase coa Comisión de Festas na festa ao patrón do pobo, na que actúan varias orquestras e algún grupo de baile galego. Todo, acompañado de castañas asadas e viño da parroquia.
  • "Andainas". Saídas a pé pola parroquia e parroquias veciñas para desfrutar do noso patrimonio natural.
  • "Festa homenaxe aos viticultores da parroquia". Degustación e elección mediante votación popular do mellor viño do ano cosechado na parroquia.
  • Outras actividades como "Magosto", "Guateque Nostálxico", "Día do Deporte", "Excursión Cultural", etc.