Benvidos/as á web oficial da Asociación Veciñal Os Medos de Currás - Tomiño. A través dela poderá coñecer quenes somos e as actividades que levamos a cabo ao longo do ano.
A Asociación Veciñal Os Medos fúndase por vez primeira no ano 1980. Uns anos máis tarde, houbo un cese actividadade que durou ata abril do 2004, ano no que un grupo de veciños/as retoman a actividade da Asociación ata a actualidade.
O noso obxetivo é ofrecer diferentes actividades de lecer e culturais para poder desfrutar cos veciños/as xa non só da parroquia de Currás senón de fóra dela:
"Festa homenaxe ao maior", con comida conxunta, xogos populares e actuacións musicais.
Cursos. Como por exemplo de "Informática e Internet"ou de "Técnicas de Poda".
"Día da bicicleta" . Paseo ciclista por diferentes parroquias na que contamos cun grande número de participantes, pequenos e maiores.
"Encontro Cultural - Serán". Festival musical que xunta aos diferentes grupos de música tradicional da zona.
“Xuntanza no río". Celébrase na beira do río Miño e consiste nunha comida de fraternización con xogos populares como: a rá, a chave, as cartas, a corda, o pano, etc.
"Festa na honra de San Martiño". Colabórase coa Comisión de Festas na festa ao patrón do pobo, na que actúan varias orquestras e algún grupo de baile galego. Todo, acompañado de castañas asadas e viño da parroquia.
"Andainas". Saídas a pé pola parroquia e parroquias veciñas para desfrutar do noso patrimonio natural.
"Festa homenaxe aos viticultores da parroquia". Degustación e elección mediante votación popular do mellor viño do ano cosechado na parroquia.
Outras actividades como "Magosto", "Guateque Nostálxico", "Día do Deporte", "Excursión Cultural", etc.