A Asociación

A Asociación

A Asociación de Veciños Os Medos fúndase por primeira vez no ano 1980. Uns anos máis tarde, houbo un cese actividadade ata abril do 2004, ano no que un grupo de veciños retoman a actividade da Asociación ata a actualidade.

O noso obxetivo é ofrecer diferentes actividades de lecer e culturais para poder desfrutar cos veciños/as xa non só da parroquia de Currás senón de fóra dela.

Hoxendía realízanse diversas actividades como por exemplo:

  • Festa homenaje ao maior, con comida conxunta, xogos populares e actuacións musicais.
  • "Día da bicicleta" . Paseo ciclista por varias parroquias na que contamos con un grande número de participantes, pequenos e maiores.
  • Encontro Cultural - Serán. Festival musical que xunta aos diferentes grupos de música tradicional da zona.
  • “Xuntanza no río". Se celebra na beira do río Miño es consiste nunha comida de fraternización con juegos populares como: a rá, a chave, ping-pong, a corda, o pano, etc.
  • Festa na honra de San Martín. Colaboración coa Comisión de Festas na realización desta festa na que actúan varias orquestras e algún grupo de baile galego. Para acompañar, castañas asadas e viño da parroquia.
  • "Andainas". Saídas a pé pola parroquia e as parroquias veciñas para desfrutar do noso patrimonio natural.
  • Festa homenaxe aos viticultores da parroquia. Degustación e elección mediante votación popular do mellor viño do ano cosechado na parroquia.
  • Outras actividades como castañada, guateque nostálxico, día do deporte, excursións culturais, etc.