Taller de costura Novembro

14.11.2015 12:12

Chégannos imaxes das cousas que están a facer no taller de costura que organizaron o pasado mes de Outubro e continúan a facer este mes na Casa Cultural da parroquia.

As clases son os venres  de 10:00 a 12:00h, cunha cota de 25€/mes, na Casa Cultural de Currás (fronte a igrexa).

Se queres participar contacta con Merchi no teléfono 639 476 142.

A Asociación de Veciños Os Medos de Currás non se fai responsable das incidencias que poidan acaecer neste evento.