DÍA DA BICICLETA 2014

26.04.2014 17:30

O vindeiro sábado 26 de Abril de 2014 ás 17:30h convidámoste a participar connosco no "Día da Bicicleta". A saída será dende o terreiro da festa de Currás e faremos un paseo en bici por Currás e algunha parroquia veciña. O grao de dificultade é baixo e cada un traerá a súa bici e casco (o seu uso é obrigatorio).

¡Esperámoste!

A Asociación de Veciños Os Medos de Currás non se fai responsable das incidencias que poidan acaecer neste evento.