25 de outubro Curso de "Poda e outras tarefas do campo"

25.10.2014 16:00

O vindeiro sábado 25 de outubro do 2014 ás 16:00h. comezará a impartirse na Casa Veciñal de Currás o "Curso de Poda e outras tarefas do campo". Dito curso está en parte subvencionado pola Deputación de Pontevedra e ten unha duración de 30 horas.

Impartirase tódolos sábados de 16:00 a 18:00h. ata cumprir as 30 horas.

Os interesados en facelo poden contactar coa Asociación para anotarse.